Fundación ONCE desenvolve o seu labor co máximo compromiso cara á Sostibilidade, dende a tripla perspectiva ambiental, social e de bo goberno (ASG).
Este compromiso enmárcase nos 11 valores do Grupo Social ONCEe no noso Código Ético e, de xeito particular, no valor "Sostibilidade", integrando na nosa actividade os piares ASG, unha mirada a longo prazo e o compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Todo iso, máis alá da nosa misión intrinsecamente social centrada na inclusión, a igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Traballamos a Sostibilidade cun dobre enfoque: o noso desempeño responsable e sostible como organización (ASG), e o impulso necesario da dimensión social e da discapacidade nas axendas e estratexias de Sostibilidade na contorna que nos rodea.
Para este dobre cometido, contamos cun Plan Director de Sostibilidade. Así mesmo, comunicamos aos nosos grupos de interese o noso labor e compromiso sostible en informes anuais.
A través dos seus múltiples programas e actuacións a Fundación ONCE contribúe a Axenda 2030 e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), avogando por un mundo onde ninguén quede atrás.
Ligazóns de interese
Plan Director
Liñas estratéxicas Plan Director (+ sostibles).
- Goberno e cultura +sostible
- Xestión, control e transparencia en sostibilidade
- Acción finalista +sostible
- Responsabilidade ambiental, descarbonización e adaptación ao cambio climático
- Aprovisionamento +sostibles
- +Sostibilidade Social
- Alianzas, impacto e reputación
- +Igualdade e diversidade
Fundación ONCE contribúe á Axenda 2030 e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
A Fundación contribúe a múltiples ODS dos cales cómpre destacar os seguintes:
