ACTUACIÓNS INCLUÍDAS
O obxectivo desta convocatoria é fomentar a creación de emprego, a mellora da empregabilidade e a inserción socio-laboral das persoas con discapacidade, mediante a fórmula do emprendemento ou a constitución de empresas do ámbito da economía social.
Esta convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo FSE de Inclusión Social e Economía Social - POISES, 2014-2020.
PRAZO DE PRESENTACIÓN E REQUISITOS
O prazo de presentación de solicitudes está comprendido entre o día 18 de xullo ao 30 de setembro de 2016.
Unha vez resolta a petición de axuda económica por parte dos Órganos competentes da Fundación ONCE, publicarase nesta páxina web para a súa consulta por parte dos solicitantes.
REQUISITOS BÁSICOS, INFORMACIÓN COMPLETA E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Os requisitos básicos deste programa, información complementaría, así como documentación a presentar, atópanse dispoñibles no documento “Convocatoria de Axudas ao Emprendemento de persoas con discapacidade”, e que pode descargar a continuación.
Igualmente, atópanse a continuación, os anexos a completar e a asinar, para presentar a súa solicitude.
Convocatoria Axudas ao Emprendemento – Ano 2016
DOCUMENTACIÓN RELACIONADA COA SOLICITUDE
- Formulario de solicitude
- Declaración xurada autenticidade de datos e responsabilidade legal
- Autorización incorporación e cesión de datos de carácter persoal (LOPD)
- Declaración xurada sobre outras axudas
- Documento de Condicións da Axuda (DECA)
- Certificado compromiso achega de fondos propios
- Guía Plan de empresa
DOCUMENTACIÓN RELACIONADA COA RESOLUCIÓN E XUSTIFICACIÓN