You are in main content

Internacionalización

O acceso á Educación en condicións de igualdade por parte das persoas con discapacidade é un dereito internacionalmente recoñecido a través da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade no seu artigo 24.
 
Por iso, e sendo conscientes de que a educación é o principal instrumento para garantir a igualdade de oportunidades e a plena inclusión social das persoas con discapacidade, a Fundación ONCE impulsa programas que promoven o acceso das persoas con discapacidade en condicións de igualdade a unha educación superior de calidade, cooperando activamente co sistema universitario español para eliminar barreiras e facer posible que as institucións de educación superior sexan realmente inclusivas.
 
Na actualidade, no contexto universitario europeo, os programas de mobilidade son unha parte importante dos plans estratéxicos das universidades, porén, a participación dos estudantes con discapacidade nestes programas segue a ser extremadamente baixa; por exemplo, segundo datos relativos ao curso 2010/2011, soamente un 0,12% dos estudantes que participaron no programa ERASMUS, 12 persoas en total, declararon unha discapacidade. 
 
Neste sentido, a Fundación ONCE aposta por impulsar o acceso dos estudantes universitarios con discapacidade aos programas de mobilidade transnacional que garanten unha formación máis completa e achega maiores oportunidades de empregabilidade, obxectivo prioritario da Fundación ONCE. Polo que se veñen desenvolvendo diferentes accións entre as que salientan:
 
A inclusión dentro do seu programa de bolsas “Oportunidade ao Talento”, dunha liña específica para a mobilidade transnacional das estudantes con discapacidade, apoiándoas economicamente para que poidan afrontar a súa estanza no exterior dunha maneira segura. Durante o curso académico 2014/2015 concedéronse 20 bolsas de 6.000 euros cada unha na modalidade de mobilidade transnacional.
 
Por outro lado, promoveuse o desenvolvemento do estudo “A mobilidade transnacional dos estudantes con discapacidade: Estudo de situación e retos de futuro”, cuxo obxectivo é dar a coñecer a situación actual dos programas de mobilidade tanto a nivel nacional como internacional en relación aos universitarios con discapacidade, así como detectar exemplos de boas prácticas nesta materia.
 
Pode consultar este estudo na seguinte ligazón:
 
Por último, cómpre salientar a colaboración iniciada ao longo do curso 2013/2014 coa Asociación Erasmus Student Network en todas aquelas accións emprendidas por esta asociación para garantir a inclusión dos estudantes universitarios con discapacidade que acceden a programas de mobilidade.
 
Logo de acceso a la información sobre la Federación ESN España