Que facemos

Igualdade e diversidade

You are in main content

Igualdade e diversidade

A defensa da igualdade forma parte da misión, visión e valores da Fundación ONCE , en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 5 sobre igualdade de xénero. Así, os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e acción positiva impregnan transversalmente todas as nosas accións, inspirando o noso labor no Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE, ao que pertence a Fundación ONCE.

Dende os nosos inicios promovemos programas para fomentar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, tanto interna como externamente. Ademais, aplicamos un enfoque interseccional, abordando os desafíos aos que se enfrontan as mulleres con discapacidade como consecuencia da discriminación múltiple, e prestamos especial atención ás mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero.

Son numerosas e variadas as iniciativas que levamos a cabo cada ano neste eido, moitas delas en alianza con outras entidades coas que compartimos os mesmos obxectivos e preocupacións en relación coa igualdade entre mulleres e homes. 

E, máis alá da igualdade de xénero, adoptamos unha visión ampla da diversidade (que inclúe de partida ás propias persoas con discapacidade, homes e mulleres), integrando no noso traballo outras dimensións, como poden ser a igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI ou o factor da idade, impulsando sempre o talento diverso e promovendo espazos de traballo enriquecedores e libres de calquera tipo de discriminación.

Marco de compromiso coa igualdade de xénero (en castellano)