Que facemos

Sostibilidade e Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

You are in main content

Sostibilidade e Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

Fundación ONCE desenvolve o seu labor co máximo compromiso cara á Sostibilidade, dende a perspectiva social, ambiental e de bo goberno. Todo iso, alén da nosa misión intrinsecamente social centrada na inclusión, a igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas con discapacidade.

Neste ámbito, traballamos cun dobre enfoque: o noso desempeño responsable e sostible como organización, e o impulso necesario da dimensión da discapacidade nas axendas e estratexias de Sostibilidade e RSC na contorna que nos rodea.

Para este dobre cometido, contamos cun Plan Director de RSC e Sostibilidade con 7 liñas estratéxicas e anualmente comunicamos os nosos grupos de interese o noso labor en termos de impacto, sostibilidade e valor compartido.

A través dos seus múltiples programas e actuacións, a Fundación ONCE contribúe á Axenda 2030 e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), avogando por un mundo onde ninguén quede atrás.

Ligazóns de interese

  • Incluír unha ligazón á sección de Transparencia, máis concretamente a: os Informes de Valor Compartido, os Estados de Información non Financeira, os informes de Goberno Corporativo
  • Contribución de Fundación ONCE aos ODS (Vídeo; PDF)
  • Informe Valor Compartido
  • Plan Director

    Liñas estratéxicas Plan Director RSC/Sostibilidade:

    1. Cultura responsable, goberno e xestión  
    2. Comunicación, transparencia e reputación 
    3. RSC/Sostibilidade e discapacidade da man de terceiros  
    4. Persoas e talento  
    5. Avanzando en igualdade 
    6. Aliñamento coa axenda 2030, economía inclusiva e impacto. 
    7. Ambiente 
  • Fundación ONCE contribúe á Axenda 2030 e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

    A Fundación contribúe a múltiples ODS dos cales cómpre destacar os seguintes: